viernes, 23 de julio de 2010

O DOMINGO VOGAMOS NA NOSA "OUTRA CASA"

Un terceiro e un quinto posto foron as recompensas da pasada fin de semana nas regatas de Poio e O Grove, o que nos fai seguir na loita polo 3º posto da clasificación xeral que mantén Chapela por un só punto.
Este sábado disputarase a Bandeira de A Guarda e o domingo, día de Galicia, a Bandeira de Vigo, que este ano terá para os nosos un interese especial ao remar na casa dos nosos compañeiros do Náutico. Será pois unha oportunidade ideal para dar un paso ao frente e conseguir a primeira bandeira da tempada, aproveitando o alento da afección.

Outra gran nova é que V Televisión ofrecerá esta regata do domigo (11.15 h), como nas dúas semanas anteriores, confirmando a súa aposta polo remo.

martes, 13 de julio de 2010

SEGUIMOS ENTRE OS MELLORES

Muros-Náutico de Vigo é 4º na clasificación xeral, manténdose nos primeiros postos da LGT, despois das últimas regatas disputadas. O pasado 3 de xullo baixou ata a sexta praza na regata de Redondela, o peor resultado da tempada, para volver a remontar posicións en Cangas o día 10 (5º) e Oleiros (2º).

A vindeira fin de semana volverán a disputarse dúas bandeiras, o 17 en Poio e o 18 no Grove, onde de seguro a nosa tripulación atopará a regularidade necesaria para aspirar a cotas maiores.

Destacar que a nova canle V Televisión retrasmitiu a bandeira de Oleiros, pero descoñecemos se continuará emitindo máis regatas. A TVG non as recolle na súa programación e está facendo un seguimento irregular da liga.

jueves, 1 de julio de 2010

DÚAS BANDEIRAS ESTA FIN DE SEMANA: REDONDELA E PONTEVEDRA

Logo do magnífico inicio de tempada da nosa tripulación, con un segundo e un terceiro posto, e da xornada de descando pasada, preséntase unha fin de semana moi esixente para os remeiros. Así, o sábado 3 de xullo disputarase en augas de Chapela a XXIV Bandeira de Redondela e o 4 a I Bandeira Concello de Pontevedra.
Muros-Naútico de Vigo ocupa actualmente o 3º posto da clasificación xeral da LGT, empatado a puntos co CR Chapela (2º) e a 3 da intratable, ate o de agora, SD Samertolameu. As sensacións son moi boas na traiñeira olívico-muradana e todo fai presaxiar que a tempada pode ser moi positiva, así que vos animamos a seguir a súas evolucións en directo ou na TVG2, a apoiala e a mantervos informados neste blog e no facebook.