viernes, 23 de julio de 2010

O DOMINGO VOGAMOS NA NOSA "OUTRA CASA"

Un terceiro e un quinto posto foron as recompensas da pasada fin de semana nas regatas de Poio e O Grove, o que nos fai seguir na loita polo 3º posto da clasificación xeral que mantén Chapela por un só punto.
Este sábado disputarase a Bandeira de A Guarda e o domingo, día de Galicia, a Bandeira de Vigo, que este ano terá para os nosos un interese especial ao remar na casa dos nosos compañeiros do Náutico. Será pois unha oportunidade ideal para dar un paso ao frente e conseguir a primeira bandeira da tempada, aproveitando o alento da afección.

Outra gran nova é que V Televisión ofrecerá esta regata do domigo (11.15 h), como nas dúas semanas anteriores, confirmando a súa aposta polo remo.

martes, 13 de julio de 2010

SEGUIMOS ENTRE OS MELLORES

Muros-Náutico de Vigo é 4º na clasificación xeral, manténdose nos primeiros postos da LGT, despois das últimas regatas disputadas. O pasado 3 de xullo baixou ata a sexta praza na regata de Redondela, o peor resultado da tempada, para volver a remontar posicións en Cangas o día 10 (5º) e Oleiros (2º).

A vindeira fin de semana volverán a disputarse dúas bandeiras, o 17 en Poio e o 18 no Grove, onde de seguro a nosa tripulación atopará a regularidade necesaria para aspirar a cotas maiores.

Destacar que a nova canle V Televisión retrasmitiu a bandeira de Oleiros, pero descoñecemos se continuará emitindo máis regatas. A TVG non as recolle na súa programación e está facendo un seguimento irregular da liga.

jueves, 1 de julio de 2010

DÚAS BANDEIRAS ESTA FIN DE SEMANA: REDONDELA E PONTEVEDRA

Logo do magnífico inicio de tempada da nosa tripulación, con un segundo e un terceiro posto, e da xornada de descando pasada, preséntase unha fin de semana moi esixente para os remeiros. Así, o sábado 3 de xullo disputarase en augas de Chapela a XXIV Bandeira de Redondela e o 4 a I Bandeira Concello de Pontevedra.
Muros-Naútico de Vigo ocupa actualmente o 3º posto da clasificación xeral da LGT, empatado a puntos co CR Chapela (2º) e a 3 da intratable, ate o de agora, SD Samertolameu. As sensacións son moi boas na traiñeira olívico-muradana e todo fai presaxiar que a tempada pode ser moi positiva, así que vos animamos a seguir a súas evolucións en directo ou na TVG2, a apoiala e a mantervos informados neste blog e no facebook.

lunes, 28 de junio de 2010

ACORDO MUROS-NÁUTICO DE VIGO


Como xa moitos de vos sabedes e co obxectivo de volver á Liga Galega de Traiñeiras, o C.R. Muros decidiu aceptar o ofrecemento do Náutico de Vigo para xuntar as respectivas tripulacións nesta tempada 2010.
O acordo asinado, froito do bo entendemento dos clubes dende os primeiros contactos, recolle unha serie de puntos relativos aos gastos, patrocinios, adestramentos... que se basean no principio do reparto equitativo. Nesta liña, e a pesares da confusión inicial de liga e prensa, o nome do equipo será Muros-Náutico de Vigo.
Agora só nos queda seguir e animar durante todo este verán á nosa tripulación, que de seguro nos dará moitas alegrías.

lunes, 19 de abril de 2010

CAMPIONATO GALEGO: NON PUIDO SER...

O batel senior muradán marcou o sexto mellor tempo na xornada clasificatoria do sábado 17, resultado insuficiente para remar a final a cinco do domingo na que saíu gañadora a tripulación de SD Samertolameu.
Nos seguintes enlaces podes atopar os resultados das dúas xornadas:

A próxima fin de semana disputarase o Campionato de España en augas de Ferrol, onde representarán a Galicia os tres primeiros clasificados de cada categoría na Pobra.

lunes, 12 de abril de 2010

CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO

Logo de que na xornada do sábado houbese que suspender as eliminatorias a causa dun cúmulo de circustancias que impediron contar cun campo de regatas axeitado para o evento, o territorial norte pasou a ser un torneo de final directa a disputar polo sistema de contrarreloxio na mañá do domingo.
Foi así entón que na segunda xornada se remaron as tandas programadas para todas as categorías, destacando para os nosos intereses os resultados do cadro senior masculino, co que rematou a proba. O batel muradán, patroneado desta volta por Tararo, sorprendeu ás restantes tripulacións non só gañando a súa tanda (o que era de esperar) senón tamén marcando o segundo mellor tempo por detrás do Náutico de Boiro, e clasificándose para o Campionato Galego da próxima fin de semana na Pobra do Caramiñal.
Dende aquí agradecer a todas aqueles muradáns que se achegaron a ver a competición e animar aos deportistas, así como ás persoas que dalgunha o doutra maneira colaboraron na organización.

jueves, 8 de abril de 2010

O TERRITORIAL NORTE DE BATEIS EN MUROS

Esta fin de semana terá lugar na nosa vila o Campionato Territorial Norte de Bateis 2010. O Clube de Remo Muros participará cunha tripulación en categoría senior, logo de clasificarse a pasada semana entre os dez primeiros na regata de Ares. O batel formado por Chus, Miguel, Moncho, Manuel e Santi (patrón) quedou 1º da súa tanda e 6º da xeral, e terá que mellorar o seu resultado se quere clasificarse para o Campionato Galego xa que de Muros sairán só 4 representantes da zona norte.
Dende a directiva do club, como organizadora do evento, anímasevos a tod@s a que acudades ao campo de regatas (fronte ao novo peirao) para disfrutar do espectáculo e animar aos nosos remeiros.
  • Sábado 10: Eliminatorias a partires das 17.00 horas (clasifican os 2 primeiros de cata tanda e o mellor 3º).
  • Domingo 11: Finais a partires das 11.00 horas.