lunes, 12 de abril de 2010

CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO

Logo de que na xornada do sábado houbese que suspender as eliminatorias a causa dun cúmulo de circustancias que impediron contar cun campo de regatas axeitado para o evento, o territorial norte pasou a ser un torneo de final directa a disputar polo sistema de contrarreloxio na mañá do domingo.
Foi así entón que na segunda xornada se remaron as tandas programadas para todas as categorías, destacando para os nosos intereses os resultados do cadro senior masculino, co que rematou a proba. O batel muradán, patroneado desta volta por Tararo, sorprendeu ás restantes tripulacións non só gañando a súa tanda (o que era de esperar) senón tamén marcando o segundo mellor tempo por detrás do Náutico de Boiro, e clasificándose para o Campionato Galego da próxima fin de semana na Pobra do Caramiñal.
Dende aquí agradecer a todas aqueles muradáns que se achegaron a ver a competición e animar aos deportistas, así como ás persoas que dalgunha o doutra maneira colaboraron na organización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario