Esta fin de semana terá lugar na nosa vila o Campionato Territorial Norte de Bateis 2010. O Clube de Remo Muros participará cunha tripulación en categoría senior, logo de clasificarse a pasada semana entre os dez primeiros na regata de Ares. O batel formado por Chus, Miguel, Moncho, Manuel e Santi (patrón) quedou 1º da súa tanda e 6º da xeral, e terá que mellorar o seu resultado se quere clasificarse para o Campionato Galego xa que de Muros sairán só 4 representantes da zona norte.Dende a directiva do club, como organizadora do evento, anímasevos a tod@s a que acudades ao campo de regatas (fronte ao novo peirao) para disfrutar do espectáculo e animar aos nosos remeiros.
- Sábado 10: Eliminatorias a partires das 17.00 horas (clasifican os 2 primeiros de cata tanda e o mellor 3º).
- Domingo 11: Finais a partires das 11.00 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario