lunes, 19 de abril de 2010

CAMPIONATO GALEGO: NON PUIDO SER...

O batel senior muradán marcou o sexto mellor tempo na xornada clasificatoria do sábado 17, resultado insuficiente para remar a final a cinco do domingo na que saíu gañadora a tripulación de SD Samertolameu.
Nos seguintes enlaces podes atopar os resultados das dúas xornadas:

A próxima fin de semana disputarase o Campionato de España en augas de Ferrol, onde representarán a Galicia os tres primeiros clasificados de cada categoría na Pobra.

lunes, 12 de abril de 2010

CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO

Logo de que na xornada do sábado houbese que suspender as eliminatorias a causa dun cúmulo de circustancias que impediron contar cun campo de regatas axeitado para o evento, o territorial norte pasou a ser un torneo de final directa a disputar polo sistema de contrarreloxio na mañá do domingo.
Foi así entón que na segunda xornada se remaron as tandas programadas para todas as categorías, destacando para os nosos intereses os resultados do cadro senior masculino, co que rematou a proba. O batel muradán, patroneado desta volta por Tararo, sorprendeu ás restantes tripulacións non só gañando a súa tanda (o que era de esperar) senón tamén marcando o segundo mellor tempo por detrás do Náutico de Boiro, e clasificándose para o Campionato Galego da próxima fin de semana na Pobra do Caramiñal.
Dende aquí agradecer a todas aqueles muradáns que se achegaron a ver a competición e animar aos deportistas, así como ás persoas que dalgunha o doutra maneira colaboraron na organización.

jueves, 8 de abril de 2010

O TERRITORIAL NORTE DE BATEIS EN MUROS

Esta fin de semana terá lugar na nosa vila o Campionato Territorial Norte de Bateis 2010. O Clube de Remo Muros participará cunha tripulación en categoría senior, logo de clasificarse a pasada semana entre os dez primeiros na regata de Ares. O batel formado por Chus, Miguel, Moncho, Manuel e Santi (patrón) quedou 1º da súa tanda e 6º da xeral, e terá que mellorar o seu resultado se quere clasificarse para o Campionato Galego xa que de Muros sairán só 4 representantes da zona norte.
Dende a directiva do club, como organizadora do evento, anímasevos a tod@s a que acudades ao campo de regatas (fronte ao novo peirao) para disfrutar do espectáculo e animar aos nosos remeiros.
  • Sábado 10: Eliminatorias a partires das 17.00 horas (clasifican os 2 primeiros de cata tanda e o mellor 3º).
  • Domingo 11: Finais a partires das 11.00 horas.

miércoles, 7 de abril de 2010

DAMOS A SAÍDA

Amig@s do remo, hoxe comezamos a andaina do blog do club pasados máis de 25 anos dende que, alá polo 1984, a uns cantos muradáns lles dera por iniciarse neste bonito deporte tradicional nacido da cultutra mariñeira, tan arraigada na nosa vila.
A nosa pretensión con esta ferramente é mantervos informados da actualidade do club e fomentar o seguimento das nosas actividades.
Benvidos!!